Proceso selectivo: técnico forestal 2022

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun técnico en xestión forestal, en modalidade de persoal laboral temporal, durante 9 meses. 

A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Emprego e Igualdade concedeu ao Concello de Boiro unha subvención para o fomento de emprego no medio rural por importe de 28.750 euros para a realización do servizo de "Valoración forestal das franxas secundarias de prevención de incendios con frondosas autóctonas na parroquia de Boiro". 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e o contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal. 

Para participar deste proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (01/06/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación final de persoas admitidas e excluídas (07/06/2022), que pode consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais das probas (10/06/2022), que poden consultarse aqui

Publicados os resultados definitivos e proposta de contratación (14/06/2022), que poden consultarse aqui

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Pertencer a calquera dos Estados asinantes da Unión Europea, con coñecementos suficientes de lingua castelá e/ou galega. 

- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder aquela de xubilación forzosa

- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións

- Non estar afectados por motivos de incompatibilidade

- Estar en posesión da titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal ou equivalente 

- Ser desempregado inscrio no Servizo Público de Emprego de Galicia 

- Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2021. 

 

Presentación de solicitudes

Unha vez mantida a primeira xuntanza coas persoas candidatas, inscritas no Servizo Público de Emprego, as persoas interesadas terán un prazo de cinco días hábiles para presentar as instancias e documentación no Rexistro Xeral do concello de Boiro ou na sede electrónica. 

 

|