BOLSAS UNIVERSITARIAS | Recursos Humanos, Traballo Social, Xuventude
O Concello de Boiro convoca bolsas para titulados universitarios en Recursos Humanos, Traballo Social e Xuventude destinadas a persoas que remataron os seus estudos nalgunha das universidades galegas.
Recursos Humanos
- Titulados/as universitarios (Grao) en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
- Obxectivos: a adquisición de coñecementos nos seguintes ámbitos.
- Actividades relativas á seguridade no traballo, concretamente na análise dos riscos dos postos de traballo no Concello de Boiro
- Coñecemento dos procesos selectivos no ámbito da administración local: redacción de bases de selección, comprobación de instancias e colaboración na valoración de méritos.
- Período: 4 meses prorrogables.
Traballo Social
- Titulados/as universitarios (Grao) en Traballo Social
- Obxectivos: a adquisición de coñecementos nos seguintes ámbitos:
- Xestión, información, seguimento e tramitación de expedientes administrativos das familias, menores e refuxiados chegados de Ucraína por mor do estalido da guerra.
- Coordinación de actuacións entre os servizos sociais municipais, entidades sociais e outras administracións en relación coa chegada de refuxiados de Ucraína.
- Xestión das actividades ou proxectos que o Concello leve a cabo para a inclusión e xestión dos refuxiados.
- Período: 4 meses prorrogables
Xuventude
- Titulados/as universitarios (Grao) en Educación Social
- Obxectivos: a adquisición de coñecementos nos seguintes ámbitos:
- Dinamización de espazos de encontro adicados á xente nova: análise da situación actual, organización de actividades, avaliación de resultados e coordinación co tecido social.
- Desenvolvemento de proxectos de animación xuvenil no ámbito municipal e promover actividades socioeducativas: deseño, difusión en redes sociais, inscrición, realización e avaliación.
- Período: 4 meses prorrogables.
MÁIS INFORMACIÓN
Departamento de Persoal do Concello de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 99 60