Proceso selectivo: peóns de servizos varios (PEL) 2022
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios mediante unha liña de axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia - Plan de emprego local (PEL).
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre.
O BOP núm. 58 do 25 de marzo de 2022 publica as bases da convocatoria.
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas (04/04/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas (11/04/2022), que pode consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais das probas (21/04/2022), que poden consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas das probas (27/04/2022), que poden consultarse aqui.
Publicada a listaxe de contratación de peóns de servizos varios (02/05/2022), que pode consultarse aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e durante un prazo de CINCO días hábiles (ata o 01/04/2022).
As instancias e documentación deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou mediante a sede electrónica.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionaliade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idadade para a xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do traballo.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade
- Non ter sido espedido/a mediante expediente disciplinario
- Estar en posesión de, como mínimo, 2ºESO ou equivalente.
- Estar en situación de desemprego.
Estar nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
- Mulleres
- Maiores de 45 anos
- Parados de longa duración
- Persoas con discapacidade
- Persoas en situación de drogodependencia
- Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego
- Persoas en fogar monoparental/ monomarental
- Persoas con problemas para encontrar emprego por cuestións de idioma ou socioculturais
- Persoas vítimas de violencia de xénero
- Persoas sen fogar