Proceso selectivo: arquitecto/a

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a na modalidade de funcionario/a de carreira. 

O sistema de selección será mediante concurso-oposición e a categoría laboral será técnica superior do subgrupo A1. 

O BOP núm. 221 do 19 de novembro de 2021 publica as bases da convocatoria. 

O BOE núm. 312 do 28 de decembro de 2021 publica o anuncio da convocatoria. 

O BOP núm. 54 do 21 de marzo de 2022 publica a relación de persoas admitidas e convocatoria de exame, que pode consultarse aqui

Publicada a acta do primeiro exercicio da oposición (08/04/2022), que pode consultarse aqui

 

Presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitude será de VINTE DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 

A presentación de solicitudes debe facerse mediante a instancia que se engade nas bases como ANEXO I, a través da sede electrónica do Concello de Boiro (dispoñible en www.boiro.gal) ou o Rexistro Xeral, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas. 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Estar en posesión da titulación habilitante para o desenvolvemento da profesión de arquitecto/a. 

- Posuír a nacionalidade española. 

- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non te sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administación pública. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións. 

 

|