Proceso selectivo: Policía Local - mobilidade
O Concello de Boiro aproba as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Policía Local (funcionario de carreira) - quenda de mobilidade horizontal.
O Boletín Oficial da Provincia núm. 190 do martes 5 de outubro de 2021 publica as bases da convocatoria
O Boletín Oficial do Estado nº246 do xoves 14 de outubro publica o anuncio da convocatoria.
Publicada a relación provisional de admitidos/as (24/11/2021), que pode consultarse aqui.
Publicada a relación definitiva de admitidos/as (07/01/2022), que pode consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións provisuionais (03/03/2022), que poden consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de nomeamento (23/03/2022), que pode consultarse aqui.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial do Estado.
Prazo de solicitudes aberto ata o 12/11/2021.
Requisitos das persoas aspirantes
O proceso selectivo farase mediante concurso e, as persoas aspirantes, deberán reunir unha serie de requisitos:
- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico.
- Acreditar estar en posesión dunha categoría igual á da convocatoria como funcionarios/as de carreira, así como antigüidade mínima de 3 anos.
- Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B.
- Non ter sido condenado por delito nin estar inhabilitado para o servizo.
- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo.
- Posuír capacidade funcional para o desempeño de tarefas