Proceso selectivo contratación de peóns de albanel

O Concello de Boiro convoca proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a cobertura temporal de prazas de peón adscritos á cuadrilla de obras e servizos varios.

A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro durante o prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte a esta publicación de anuncio de convocatoria no xornal “La Voz de Galicia”.
Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e nesta web
|