O BOP núm. 174 do 10 de setembro de 2024 publica o anuncio de convocatoria dun proceso selectivo para a contratación dun director, un docente e un titor para impartir o programa de emprego ‘Xuventude I’ destinado a mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil.
O programa de emprego ‘Xuventude I’ dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia mediante o Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea e ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral para a súa cualificación profesional e inserción laboral no mercado de traballo.
A formación vaise levar a cabo nas seguintes especialidades:
- Montaxe de equipos microinformáticos
- Operacións auxiliares de manutención de sistemas microinformáticos
- Realizar operación auxiliares con tecnoloxías da información e comunicación
Consulta as bases AQUI.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas de DIRECTOR/A (18/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas de DIRECTOR/A (23/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a primeira acta do proceso selectivo de DIRECTOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a segunda acta do proceso selectivo de DIRECTOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas de DOCENTE (18/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas de DOCENTE (23/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a primeira acta do proceso selectivo de DOCENTE (25/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a segunda acta do proceso selectivo de DOCENTE (25/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a resolución de alegacións e proposta de contatación do proceso selectivo de DOCENTE (30/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas de TITOR/A (18/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas de TITOR/A (23/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a primeira acta do proceso selectivo de TITOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a segunda acta do proceso selectivo deTITOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a resolución de alegacións e proposta de contatación do proceso selectivo de TITOR/A (30/09/2024), que se pode consultar aqui.
Requisitos específicos das persoas aspirantes
- Estar en posesión do título universtario oficial de grao ou equivalente.
- Experiencia mínima de 6 meses por conta allea en tarefas de dirección.
- Posuír o título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior.
- Permiso de conducir B
- Estar en posesión do título universitario de grao ou equivalente; ou titulación de Formación Profesional de acordo co certificado de profesionalidade.
- Dispoñer do Certificado Profesional de habilitación para a docencia.
- Posuír o título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior.
- Permiso de conducir B
- Titulación universitara de licenciatura ou grao en pedagoxía, psicopedagxía ou psicoloxía.
- Experiencia mínima de 6 meses por conta allea en tarefas de titoría e/ou docencia.
- Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior.
Prazo e presentación de solicitudes
Para participar deste proceso selectivo deberas presentar mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro o modelo de instancia dispoñible nesta páxina e a documentación esixida para cada posto.
O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte da publicación do anuncio no BOP.
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cconfección dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal de postos de quince socorristas acuáticos en espazos naturais.
O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral.
Bases da convocatoria dispoñibles AQUI.
Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (19/06/2024), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (24/06/2024), que se pode consultar aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais do proceso selectivo (25/06/2024), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de bolsa de contratación (27/06/2024), que se pode consultar aqui.
Prazo de presentación de solicitudes
Inscrición na oficina de emprego (SEPE).
Requisitos das persoas candidatas
- Pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e o Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
- Os estranxeiros que non pertenzan a algún dos Estados asinantes deberán ter permiso de traballo cunha duración mínima de 12 meses.
- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non estar afectado por causas de incompatibilidade.
- Non ter sido suspendido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública nin atoparse en inhabilitación absoluta.
- Estar en posesión de, como mínimo, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ser desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.