III Feira de Emprego do Barbanza | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra a III Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar o 16 de abril.
Trátase dunha xornada para impulsar o talento e a economía local que se celebrará no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento Lab Barbanza, situado no Polígono de Espiñeira.
Tras o éxito de edicións anteriores, esta terceira convocatoria consolida o seu compromiso co desenvolvemento económico e coa creación de oportunidades laborais na comarca do Barbanza, buscando fortalecer o vínculo entre empresas e persoas en procura activa de emprego.
A feira desenvolverase durante unha xornada e contará coa participación de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral. Durante a xornada desenvolveranse simultaneamente foros para empresarios, charlas de interese relacionadas co emprego e a mellora da empregabilidade e as novas tendencias do mercado laboral. Ademais, as persoas asistentes poderán entregar os seus currículos nos stands das empresas participantes.
Por que deben asistir as empresas?
A participación das empresas nos foros de temática laboral e empresarial que se establecerán é recomendable para fortalecer a competitividade, reputación e capacidade de adaptación. Seguindo os temas das mesas poderán:
- Coñecer como evitar o absentismo laboral e incrementar a produtividade.
- Como actuar ante a Inspección de Traballo, erros, situacións máis comúns.
- Coñecemento de novas tendencias laborais, cambios normativos, boas prácticas e innovación na xestión empresarial.
- Coñecer como fortalecer a imaxe corportativa, demostrando compromiso co desenvolvemento empresarial, manterse actualizada e activa dentro do seu sector.
- Establecer networking e alianzas estratéxicas: conectar con outras organizacións, xerar oportunidades de colaboración e ampliar rede de contactos profesionais.
Por que deben asistir as persoas en búsqueda de emprego ou mellora do mesmo?
Para quen está en procura activa de emprego, a feira é unha ocasión única para:
- Recibir asesoramento individualizado sobre orientación laboral, mellora do currículum e habilidades laborais.
- Ter acceso directo a empresas con procesos de selección abertos.
- Entrega do currículo en man nos stands habilitados.
- Posibilidade de realizar entrevistas no propio evento.
- Participación en charlas informativas sobre branding, orientación laboral e profesional.
- Ampliación da rede de contactos profesionais.
