Cursos formativos AFD 2023-2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2023-2024.
Vanse desenvolver tres cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira.
Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.
- Cociña - 828 horas
- Servizos de Bar e Cafetería - 658 horas
- Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio - 618 horas
Requisitos das persoas aspirantes
- ESO
- competencias clave en nivel 2
- certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería)
Máis información e inscricións
Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 09