I Feira de Emprego do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza a I Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar os días 20 e 21 de abril de 2023 no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. 

O obxectivo destas xornadas será acoller estratexias en materia de formción e seleción e promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego, así como dara a coñecer as principais estratexias que, en materia de formación e selección, se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais máis representativas da zona. 

 

As inscricións para demandandes de emprego que queiran paarticipar nos talleres e empresas interesadas en participar deben formalizarse AQUI

 

PROGRAMA 

Xoves 20 de abril 

9.30h - recepción dos asistentes e apertura 

10.00h - foro "Eixes de desenvovlemento económico do Barbanza"

11.30h - pausa café 

12.00h - foro "Estratexias en materia de formación e emprego" 

 

Venres 21 de abril 

9.30h - apertura de portas 

10.00h - taller "Búsqueda activa de emprego" 

11.00h - taller "Emprendemento, autoemprego e creatividade" 

12.00h - taller "Orientación profesional" 

13.00h - taller "Inserción laboral de persoas con discapacidade e en risco de exclusión"

 

|