Proceso selectivo: listaxe de técnicos/as de turismo

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de técnicos de turismo. 

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e o número máximo de persoas integrantes da lista será de 20. 

Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui

Publicada a relación final de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui

O primeiro exercicio (proba de avaliación de coñecementos) vai ter lugar o vindeiro mércores 28/04/2021 ás 9:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Boiro

 

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (Núm. 39 do 1 de marzo de 2021

As persoas aspirantes deberán presentar o modelo de instancia que se inclúe como ANEXO nas bases e se pode descargar nesta páxina, acompañado do DNI, unha fotocopia que acrediten, como mínimo, o CELGA 4 ou equivalente e a titulación. 

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica. 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter cumpridos os 16 anos de idade

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente

Proceso selectivo

A oposición constará de tres exercicios de carácter obrigatorio: 

1º exercicio: proba de avaliación de coñecementos. Cuestionario de 50 preguntas tipo test relativas á historia e á súa comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe. 

2º exercicio: suposto práctico. Unha ou varias probas prácticas relativas ás funcións a desenvolver no posto de traballo. 

3º exercicio: proba de coñecemento de lingua galega. Para aquelas persoas que non acrediten o CELGA 4 ou equivalente. 

|