IV Microcamp Tecnolóxico | Concello de Boiro
O Concello de Boiro leva a cabo entre o 3 e o 14 de agosto o IV Microcamp Tecnolóxico, un , un curso de robótica, drons, gafas VR e impresión 3D dirixido a rapazada nada entre o 2012 e o 2018.
Publicada a listaxe provisional de persoas admititas, que se pode consultar aqui.
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas, que se pode consultar aqui.
Esta actividade ten como finalidade fomentar a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas básicas nunha contorna educativa e lúdica. O microcamp abarcará as seguintes áreas:
- Introdución ao manexo de drons.
- Conceptos básicos de Impresión 3D
- Introdución á Realidade Virtual
- Introdución á Robótica
- Uso seguro de Internet e ferramentas dixitais
- Xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática
Datas e lugar do curso
Datas: luns, martes, xoves e venres dende o 03/08/2026 ao 14/08/2026
Horario: 10.00 a 13.00 horas
Lugar: aula CeMIT do Concello de Boiro (1º andar do Centro Social de Boiro)
Inscrición
O prazo estará aberto dende o 22/07/2026 ao 28/07/2026 (ambos incluídos).
Mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Máis información
aula CeMIT do Concello de Borio
981 84 26 35 ou 629 769 139
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
