Enquisa á veciñanza para o seguemento do PACES | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, no marco da elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES) que ten como obxectivo crear unha folla de ruta contra o cambio climático no municipio, publica unha enquisa para que a veciñanza participe na elaboración deste documento.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sustentable é unha iniciativa europea que ten como finalidade que os gobernos locais implanten no seu territorio compromisos en materia de clima enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 con compromisos como o de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxías renovables.

A enquisa á veciñanza, que está dispoñible na páxina web municipal, ten como finalidade coñecer o parecer da veciñanza para actualizar o documento que rexe a folla de ruta do Concello para reducir as emisións de CO2, cumprindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

 

RESPONDER Á ENQUISA 

|