Recomendacións no abastecemento de auga | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, dadas as faltas de presión que se están a suceder no abastecemento de auga, recomenda o uso responsable da auga municipal evitando os regos de xardíns ou fincas agrícolas e baldeos con auga da traída municipal.
Os servizos técnicos municipais alertaron nos últimos días do baixo nivel dos depósitos e a falta de presión, que se debe a un consumo excesivo por parte da veciñanza derivado de baldeos, rego en xardíns e acometidas non autorizadas. É por iso que se recomenda facer un uso responsable de auga evitando o consumo excesivo da auga da traída municipal.
Con estas medidas búscase minimizar os efectos que a falta de auga pode provocar no abastecemento municipal, polo que se levará a cabo un maior control da posible existencia de acometidas non autorizadas para evitar o corte da subministración en determinados horarios.