Solicitude e comunicación de cacharelas de San Xoán 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro abre o prazo de comunicación previa e solicitude de cacharelas de San Xoán para 2023, e que afecta a todas aquelas realizadas en terreos privados e en terreos públicos delimitados.
As autorizacións so serán válidas para as fogueiras realizadas a partir das 18.00 horas do día 23 de xuño, debendo quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do 24 de xuño.
So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 20/06/2022.
As comunicacións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica.
No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben:
1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades.
2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web.
Consulta as especificacións para a realización de cacharelas aqui.
Descarga os formularios de solicitude.