Aulas de educación para persoas adultas 2022-23 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, desenvolve aulas de Educación Secundaria para persoas adultas durante o curso 2022-2023.
O segundo cuadrimeste comeza o luns 6 de febreiro ás 20.00 horas.
Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúa o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.
Os cursos son cuadrimestrais e as aulas vanse desenvolver de luns a xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro coa finalidade de que sexan compatibles coa vida laboral. Ofértanse un total de 50 prazas divididas no catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º; podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física); ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.
Requisitos das persoas participantes
Ter máis de 18 anos.
Menores de 18 anos, se cumpren algún dos seguintes requisitos:
- Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presentacial por enfermidade ou discapacidade física.
- Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar.
- O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
- Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
- Cando concorran outras circustancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tras o informe favorable do Servizo de Ispección Educativa.
Máis información
Casa da Cultura de Boiro
educacióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 84 25