Aulas de educación para persoas adultas 2022-23 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para as aulas de Educación Secundaria para persoas adultas para o curso 2022-2023 que desenvolve a Concellería de Educación. O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende este xoves 8 de setembro e ata o 28 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Boiro.

Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúa o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.

Os cursos son cuadrimestrais e as aulas vanse desenvolver de luns a xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro coa finalidade de que sexan compatibles coa vida laboral. Ofértanse un total de 50 prazas divididas no catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º; podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física); ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

Requisitos das persoas participantes 

Ter máis de 18 anos. 

Menores de 18 anos, se cumpren algún dos seguintes requisitos: 

- Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presentacial por enfermidade ou discapacidade física. 

- Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar. 

- O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social. 

- Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa. 

- Cando concorran outras circustancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tras o informe favorable do Servizo de Ispección Educativa. 

 

Máis información

www.boiro.gal 

Casa da Cultura de Boiro 

educacióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 84 25

|