San Xoán 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para solicitude e comunicación de cacharelas de San Xoán 2022, que afecta a todas aquelas realizadas en terreos privados e en terreos públicos delimitados o día 23 de xuño, a  partir das 18.00 horas, e que deberán quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do día 24 de xuño. 

So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 19/06/2022. 

As comunicacións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben: 

1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades. 

2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web. 

Consulta o bando informativo aqui

 

|