I Feira Agroforestal | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, coa colaboración do alumnado do Obradoiro de Emprego en xestión forestal, organiza a I Feira Agroforestal que terá lugar o vindeiro venres 12 e sábado 13 de maio no Pazo de Goiáns.

Os obxectivos desta proposta son promover o traballo realizado polo alumnado na contorna do Pazo, promover o comercio local e poñer en contacto a distintos sectores vinculados co eido forestal.

Durante as dúas xornadas haberá en Goiáns exposición de maquinaria, presentacións de novidades de marcas comerciais, un simulador forestal, postos con información sobre Obradoiros de Emprego ou ciclos formativos no eido forestal, actividades culturais para a rapazada, talleres e outras actividades.

 

Plano captura pantalla

 

PROGRAMA 

Venres 12 de maio 

9.00 a 15.00h - exhibición de poda en altura 

Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña. 

9.30 a 10.30h - obradoiro de cultivo de seta shiitake 

Impartido por: Ovidio Queiruga, Presidente da Comunidade de Montes de Baroña.

10.30 a 11.30h - demostración de extración da resina 

Impartido por: Ovidio Queiruga, Presidente da Comunidade de Montes de Baroña.

12.00 a 13.00h - taller de apicultura

Impartido por: Fernando Cores, Delegado da Asociación Galega de Apicultura da Zona Barbanza - Salnés e Apicultor, Empresario Abellamel

17.00 a 18.30h - percorrido guiado pola finca do Pazo 

Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña. 

19.00 a 20.15h - Información e debate: O CO2 como novo activo forestal. Certificacións forestais" 

Presentador e moderador: Ramón Caamaño, Enxeñeiro Forestal e Docente do Obradoiro de Emprego.

Poñente: Daniel Rodríguez Cebreiro, Responsable Económico da Asociación Forestal de Galicia (AFG).

 

Sábado 13 de maio 

10.30 a 11.30h - taller de poda 

Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña. 

12.00 a 13.00h - taller de apicultura 

Impartido por: Fernando Cores, Delegado da Asociación Galega de Apicultura da Zona Barbanza - Salnés e Apicultor, Empresario Abellamel

16.30 a 17.45h - percorrido guiado pola finca do Pazo 

Impartido por: Emilio Saboridom Técnico Forestal do Obradoiro de Emprego e Presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña. 

18.00 a 19.00h - demostración de extración de resina 

Impartido por: Ovidio Queiruga, Presidente da Comunidade de Montes de Baroña.

19.00 a 20.15h - mesa redonda: posibles aproveitamentos forestais para CMVMC. 

Presentador e moderador: Adrián Capelo, Fundación RIA

Poñentes:

  • Emilio Saborido, presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña (Rianxo)
  • Lucía Saborido, presidenta da CMVMC do Araño (Rianxo)
  • Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo
  • Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado (Baroña, Porto do Son)

Pleno ordinario do 27 de abril de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 27 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de abril. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

 

Orde do día

  1. Declaración institucional para o mantemento do xulgado de violencia de xénero do partido xudicial de Ribeira.
  2. Aprobación inicial, se procede, do ditame dos orzamentos xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2023.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame do crédito extraordinario núm. 1/2023 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais.
  4. Inclusión de proxecto no POS+ adicional 2023 e solicitude de subvención á Xunta de Galicia.
  5. Designación dos membros da Comisión de Estudo para o restablecemento do servizo público das actividades deportivas a desenvolver no Edificio multiusos da Cachada.
  6. Solicitude de adscrición da Casa do Mar de Cabo de Cruz a favor do Concello de Boiro.
  7. Proposta da alcaldía para solicitar que se dedique un Día das Letras Galegas a D. Ramón Martínez López.
  8. Resolución de recursos potestativos de reposición contra a aprobación definitiva do inventario municipal de bens.
  9. Distinguir a D. José Beobide Arburua, Padre Joseba, co nomeamento dunha rúa ao seu nome: renomeando a Rúa Carretera do Muelle (Lampón) por “Rúa Padre Joseba Beobide.
  10. Moción do BNG relativa ao 8 de marzo sobre medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galiza.
  11. Moción de IC Boiro sobre a falla de seguridade cidadá no concello polo conflito coa Policía Local e o Sr. Alcalde.
  12. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o conflito da mexilla e apoio ao sector bateeiro.

 

Aulas de educación para persoas adultas 2022-23 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, desenvolve aulas de Educación Secundaria para persoas adultas durante o curso 2022-2023.

O segundo cuadrimeste comeza o luns 6 de febreiro ás 20.00 horas. 

Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúa o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.

Os cursos son cuadrimestrais e as aulas vanse desenvolver de luns a xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro coa finalidade de que sexan compatibles coa vida laboral. Ofértanse un total de 50 prazas divididas no catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º; podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física); ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

 

Requisitos das persoas participantes 

Ter máis de 18 anos. 

Menores de 18 anos, se cumpren algún dos seguintes requisitos: 

- Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presentacial por enfermidade ou discapacidade física. 

- Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar. 

- O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social. 

- Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa. 

- Cando concorran outras circustancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tras o informe favorable do Servizo de Ispección Educativa. 

 

Máis información

www.boiro.gal 

Casa da Cultura de Boiro 

educacióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 84 25

Campus itinerante IV Ciclo USC | Barbanza Arousa

Barbanza Arousa acolle a cuarta edición do campus itinerante Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, unhas xornadas que teñen como finalidade mellorar a saúde e o benestar dos maiores. 

A iniciativa vaise levar a cabo por primeira vez de forma coordinada entre os Concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Rianxo.

Os cursos están dirixidos a maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior. 

29/03/2023 - 18.00h - Centro Social de Escarabote (Boiro)
"O sono e os seus trastornos", Dª. Mónica Antelo Maneiro 

31/03/2023 - 18.00h - Centro Social de Cabo de Cruz (Boiro) 
"Saúde cardio saudable", D. José Ramón González Juanatey

11/04/2023 - 18.00h - Auditorio do museo Valle Inclán (A Pobra) 
"Depresión", D. Fernando Lino Vázquez González 

14/04/2023 - 18.00h - Auditorio do museo Valle Inclán (A Pobra) 
"Para garantir a integración protexe a túa vista e os teus ollos", D. Jesús Giráldez González

25/04/2023 - 18.00h - Centro Sociocultural / Auditorio Municipal de Rianxo 
"Nutrición", D. Sergio Cinza Sanjuergo e D. Josñe Manuel Fernández García 

09/05/2023 - 18.00h - Auditorio (Ribeira) 
"Xenómica e medicina personalizada", D. José Ángel Carracedo 

 

Inscricións

As inscricións poden facerse de xeito presencial, por correo electrónico ou vía telefónica nos catro concellos.

Bolsas para estudantes 2022/2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para o alumnado matriculado en centros públicos que, sendo maiores de 21 anos e non estando cubertos pola Tarxeta Xente Nova da Xuntos de Galicia ou sendo menores de 21 anos conten con informe perceptivo dos servizos sociais comunitarios, necesiten desprazarse por razón de estudos. 

O BOP núm. 18 do 26 de xaneiro de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Liña 1. Estudos postobrigatorios cursados fora do termo municipal. 

Liña 2. Estudos postobrigatorios cursados dentro do termo municipal. 

 

Publicada a resolución provisional de adxudicación das bolsas, que se pode consultar aqui

Publicada a resolución definitiva de adxudicación das bolsas, que se pode consultar aqui

 

 

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

O prazo é de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 26/01/2023. 

 

Requisitos das persoas solicitantes 

- Ser maior de 21 anos (liña 1) 

- Ser maiore de 21 anos ou maior de 16 se conta con informe dos Servizos Sociais Comunitarios (liña 2) 

- Estar empadoado en Boiro. 

- Ter unha idade máxima de 27 anos. 

- Non ter repetido o curso anterior. 

 

|