X Campus Obradoiro Jealsa | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora coa X edición do Campus Obradoiro Jealsa que se vai desenvolver entre o 26 e o 30 de xuño en Boiro, nos pavillóns de Barraña, A Cachada, Santa Baia e Praia Xardín. 

O campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos, divididos nas seguintes categorías: 

- babybasket: nadas en 2015, 2016 e 2017. 

- premini: nadas en 2013 e 2014. 

- mini: nadas en 2011 e 2012. 

- infantil: nadas en 2009 e 2010. 

- cadete: nadas en 2007 e 2008. 

- junior; bnadas en 2005 e 2006. 

 

Inscricións 

Enviando a ficha de inscrición e o xustificante bancario de abono da matrícula a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Fichas de inscrición dispoñibles aqui

 

 

Campamentos Deportivos 2023 - Deputación da Coruña

O Concello de Boiro colabora coa Deputación da Coruña na xestión dos campamentos deportivos de verán destinados a rapaces e rapazas nados entre os anos 2009 e 2014.

Os campamentos conteñen un amplo programa de actividades con deportes náuticos, actividades ao aire libre, visitas culturais, deportivas e etnográficas... propostas que axudan a fomentar a comunicación, o intercambio de experiencias e a convivencia e respecto polos demais.

Os rapaces e rapazas participantes neste campamento desfrutarán de cinco días con aloxamento e manutención na residencia do IES Rosalía Mera na Coruña entre o 16 e o 21 de xullo. O prezo do campamento é de 85 euros, que se aboarán unha vez confirmada a participación.

 

Inscricións

Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai ou, de ser o caso, polo titor. 

Do 10 de maio ao 7 de xuño no Rexistro Xeral do Concello de Boiro 

 

Máis información

Descarga o tríptico aqui

Departamento de Deportes do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 84 25

 

Bolsas para deportistas federados/as | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para apoiar o esforzo realizado por moitos e moitas deportistas con talento para progresar nas súas respectivas especialidades. 

O BOP núm. 17 do 25 de xaneiro de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

A cantidade será distribuída en 2 bolsas de 800 euros; 5 de 600 euros; 5 de 300 euros; 5 de 200 euros; 7 de 150 euros; 12 de 100 euros e 8 de 50 euros. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse mediante a sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

O prazo é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 25/01/2023. 

 

Requisitos dos/as solicitantes

- Estar empadroado/a en Boiro. 

- Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro de 2022.

- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria. 

- Ter participado na tempada precedente nalgún dos seguintes eventos: 

· campeonatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior. 

· convocatorias das seleccións galega e española. 

· probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campeonatos galegos. 

· campeonatos oficiais absolutos de liga de 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade. 

- Non sufrir sanción nin descalificación por comportamento antideportivo ao longo da tempada. 

Piscina Municipal de Boiro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, unha vez finalizadas as obras de acondicionamento do Complexo Deportivo da Cachada, retoma a actividade da piscina municipal coa apertura ao público a partir do vindeiro 1 de marzo.

Horario de apertura

▪️ Luns a venres de 8.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas.
 
▪️ Sábados de 8.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
 
A instalación abrirá de xeito gratuíto durante os primeiros meses pero as persoas usuarias deberan formalizar unha inscrición para ter un control no acceso ás instalacións. 
As persoas inscritas terán dereito ao uso da piscina e tamén do ximnasio de forma libre. 
 

Inscricións

A partir do luns día 27, entregando o formulario de inscrición dispoñible nesta páxina, nas propias instalacións do Complexo Deportivo da Cachada ou no departamento de Deportes do Concello de Boiro.

Subvencións a clubs e entidades deportivas | Concello de Boiro

 O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para apoiar ás entidades deportivas sen ánimo de lucro na súa participación en ligas ou competicións oficiais a nivel comarcal, provincial, autonómico ou estatal nas modalidades deportivas implantadas en Boiro. 

O BOP núm. 17 do 25 de xaneiro de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

 

Obxecto das axudas 

O obxecto destas subvencións é financiar os gastos federativos; seguros, salarios e Seguridade Social; gastos de xestión (bancos, xestorías...); gastos de publicidade (megafonñia, cartelería, web...); gastos de comunicación (teléfono, internet...); gastos de roupa e lavandería; formación; ximnasio, fisioterapia e farmacia; material de oficina; compras de aprovisionamentos; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutención; arbitraxes; premios, trofeos e obsequios; equipamento deportivo. 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse mediante a sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

O prazo é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 25/01/2023. 

 

Requisitos

- Club ou entidade deportiva federada con razón social no municipio de Boiro que participe en competición oficial estable. 

- Carecer de fins de lucro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Entidades do Concello de Boiro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta. 

- Non incurrir en algún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a recepción de axudas ou subvencións públicas. 

- Ter certificado dixital ou DNI electrónico. 

 

 

|