Curso Aula CeMIT maio 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro ofrece novos cursos en novas tecnoloxías para o mes de maio a través da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.
Este mes impartiránse 4 formacións:
- Do 6 ao 9 maio de 10 a 12 horas. Impresión 3D con Tinkercad.
- Do 13 ao 16 de maio de 10 a 12 horas. Deseño 3D con Sketchup.
- Do 20 ao 23 de maio de 10 a 12 horas. Deseño gráfico-vectoral con Inkscape.
- Do 27 ao 30 de maio de 10 a 12 horas. Retoque de fotografías con GIMP.
Información e inscricións
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 35
629 76 91 39