Entroido 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro desenvolve unha programación completa con activididades para todos os grupos de idades para festexar o Entroido gracias á colaboración de entidades como a Asociación de Veciños da Boliña e AC Peñas Boiro.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Sábado 18 de febreiro
19.00h. Campo de Revelar (A Boliña) – XIV Festa da Orella de Porco e produtos típicos do Entroido organizada pola Asociación de Veciños da Boliña con dúo Charada e dúo Rosán, pintacaras, photocall... Haberá carpa.
23.00h. Praza de Galicia – festa de Entroido organizada por Peñas Boiro AC con disco móbil Euphoria Disco Show e actuacións de Cristina Savage, Xacobo de Mínimo Eventos e Toni Seijas.
Domingo 19 de febreiro
17.00h. rúa peonil – desfile infantil con saída da Praza da Praza da Mancomunidade ata a Praza de Galicia.
18.00h. Praza de Galicia – festa infantil con DJ Matrek.
Luns 20 de febreiro
10.30h. Centro Social de Cabo de Cruz – obradoiros de repostería e manualidades de entroido para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
18.00h. Praza de Galicia – actuación infantil: “Peter Punk” (Punkdemia)
22.30h. Praza de Galicia – festa de entroido organizada por Peñas Boiro AC con actuación da orquestra La Fórmula e sesión DJ a cargo de Marcos Magán.
Martes 21 de febreiro
18.00h. Praza de Galicia – desfile e concurso de Entroido con animación musical de Troula Animación, Latexo Percusión, As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e Nunca é Tarde.
19.30h. Praza de Galicia – festa de entroido con DJ Matrek
Mércores 22 de febreiro
10.30h. Centro Social de Cabo de Cruz – obradoiros de repostería e manualidades de entroido para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
Sábado 25 de febreiro
12.00h. Biblioteca Municipal de Boiro – obradoiro de entroido para nenos e nenas de entre 6 e 10 anos.
16.30h. saída do Centro Social de Escarabote - procesión co Felipiño
21.30h. Agramuíña - velorio do Felipiño amenizado por Cabina Móvil e DJ Matrek
Domingo 26 de febreiro
Cabo de Cruz, organizado por A Gamela:
11.30h. Praza do Lorcho - matraquillada: saída coa "exposición itinerante" da choqueirada pola parroquia.
11.30h. Rolda choqueiril de chiquitos por tabernas, bares e fontes.
17.30h. Palén (Capela do Carme) - acto teatralizado "a inflacción".
19.00h. no Peirao - enterro do farruco con filloada e chocolatada.
Praia Xardín:
12.00h. enterro da cunca 2023
Abanqueiro:
16.47h. saída do Centro Social
Escarabote, orgnizado por Pedra da Aroña e Asoc. de Veciños 'Fontenova':
12.30h. Foliada do Entroido con callos, empanada e doces típicos.
17.30h. ruta de despedida do Felipiño (saída da Agramuíña - Estrada Principal - Pontellón - Porto)
19.00h. praia do Porto. Queima do Felipiño.
Un tren amenizado por gaiteiros percorrerá todos os enterros:
11.00h - Enterro do Farruco de Cabo
13.30h - Enterro da Cunca de Praia Xardín
16.00h - Enterro do Óso de Abanqueiro
18.00h - Enterro do Felipiño de Escarabote
*A programación está suxeita a cambios ou cancelacións.