I Encontro de Porfesionais da Xestión Cultural de Galicia | AGPXC
O Concello de Boiro será o anfitrión do I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia que organiza a Axencia Galega de Profesionais da Xestión Cultural e que terá lugar o vindeiro martes 27 de setembro no Pazo de Goiáns.
A inscrición é gratuíta e a capacidade é limitada. A inscrición previa pode facerse na web de xestoresculturais.gal
PROGRAMA DA XORNADA
09.30h – Apertura institucional.
Participan:
- José Ramón Romero, alcalde do Concello de Boiro
- Carlos Lorenzo, Presidente da AGPXC
- Xurxo Couto, deeputado da Área de Cultura na Deputación da Coruña
10.00h - 11.10h – Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural: 14 anos de asociacionismo profesional.
Con: Alberto García, Pilar López, Pilar Portela e Xavier Campos.
11.15h - 12.15h – Situación actual do sector. Conversa sobre os retos actuais do sector, posibles respostas - solucións e exemplos inspiradores da Provincia da Coruña.
Con: Emi Candal e Xocas López
12.45h - 14.00h – Prácticas responsables no ámbito profesional da xestión cultural.
16.00h - 16.45h – Visita teatralizada á finca e Pazo de Goiáns a cargo dos Quinquilláns.
17.00h - 18.00h – Obradoiro práctico "Manual Boas Prácticas na Xestión Cultural para espectáculos ao Vivo".
Con: Patricia Hermida.
18.00h - 19.00h – Manual de Artes Visuais. Exemplos prácticos no desenvolvemento profesional, a cargo de 7h Cooperativa Cultural.