Campaña Liberdade de Ser e Sentir | 28 de xuño

O Concello de Boiro participa un ano mais coa campaña Liberdade de Ser e Sentir que impulsa a área de Igualdade da Dputación da Coruña con motivo do día da diversidade sexual. 

Esta iniciativa, que combina a presencialidade e o formato dixital, ten como obxectivo ofrecer contidos de sensibilización sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero, con motivo do día da diversidade sexual que se conmemora cada 28 de xuño.

As actividades que se van desenvolver este ano son contacontos infantís e pílulas divulgativas en formato dixital, materiais didácticos, xogos interactivos e a celebración dunha palestra na as entidades de diversos colectivos abordarán os retos de futuro da diversidade sexual. Todos estes contidos poderán visualizarse a través das redes sociais e páxina web do Concello de Boiro durante o mes de xuño.

Todos os contidos están dispoñibles en seresentir.gal 

 

 

 

|