Subvencións a asociacións de voluntarios de Protección Civil para investimentos no ano 2025

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Boiro recibe unha subvención por importe de 4.396,27 euros para a adquisición de investimentos durante o ano 2025, no marco do programa de subvencións ás agrupacións, asociacións e asociacións de agrupación de voluntarios de protección civil da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2025. 

Mediante esta subvención levouse a cabo a adquisición de camas de campaña para desprazamentos en situacións de emerxencia e ferramentas de rescate e salvamento.

subvencións Deputación

|