Subvención para o servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais | Concello de Boiro
O Concello de Boiro recibe da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 22.165 euros para o cofinanciamento do Servizo de vixilancia, rescate e salvamento en espazos acuáticos naturais.
Boiro conta con servizo de socorrismo durante a época estival nas praias de Barraña, Barraña-Saltiño, Carragueiros e Mañóns. Un equipo composto por un total de 15 persoas que prestan servizo de luns a domingo en horario de 14.30 a 21.00 horas.