Subvención para a financiación de gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante o ano 2024
O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 20.000 euros para a contratación de persoas para atención de museos durante o ano 2024.
A axuda concedida vaise destinar á contratación de persoal no Centro arqueolóxico de Neixón e no Pazo de Goiáns.