Subvención para a habilitación e mellora da infraestructura dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia
O Concello de Boiro recibe da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 105.919,79 euros para a mellora de infraestrutura viaria e instalación de sistemas de seguridade no Parque Empresarial de Espiñeira.
O Concello de Boiro solicitou dúas actuacións, por un lado a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia e, por outro, a mellora dun vial da fase I do parque empresarial.