Subvención para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo no ano 2024
O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 20.000 euros para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo no ano 2024.
O obxectivo desta contratación é prestar servizo aos visitantes que se achegan ao municipio a través da Oficina de Turismo, así como mediante as canles de difusión de información turística das que dispón o Concello.