Subvención para financiar os gastos do persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024.

O importe da subvención concedida é de 15.000 euros que se van empregar para o financiamento dos gastos de persoal técnico do departamento municipal de Cultura. 

O Concello de Boiro conta cun departamento de Cultura que se ocupa de deseñar, programar e impulsar actividades culturais no municipio que favorezan a promoción e difusión da programación cultural. Ademais elabora propostas de programas propios como axendas culturais para todo o ano e tamén en datas específicas como o Entroido, Letras Galegas, Festas do Verán, Nadal… 

persoal deporte

|