Subvención para financiar os gastos do persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023.

O importe da subvención concedida é de 15.000 euros que se van empregar para o mantemento do persoal técnico de xestión cultural. 

O obxectivo desta subvención é a programación e execución de programas propios tales como a axenda cultural anual e actividades específicas como a celebración do Entroido, Letras Galegas... ademais da colaboración con asociacións socioculturais, institucións... xestión das salas de exposicións e outros actos e actividades que se desenvolven nos equipamentos municipais. 

persoal deporte

|