Subvención para financiar gastos do persoal técnico nos servizos municipal de deporte no ano 2024
O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2024.
O importe da subvención concedida é de 15.000 euros que se van empregar para o financiamento dos gastos de persoal técnico do departamento municipal de Deporte.
O obxectivo desta subvención é financiar os gastos derivados da contratación do persoal do departamento de deportes que se encarga de coordinar as actividades deportivas e de dinamización do deporte no municipio, elaborar proxectos de animación sociodeportiva, supervisar a posta a punto de instalacións e medios, programar actividades físico-deportivas…
Boiro conta cun importante tecido deportivo, con clubs de distintas modalidades e en diversas categorías. Ademais do apoio aos clubs para a práctica deportiva, o Concello de Boiro conta con programas específicos como son as Escolas Deportivas Municipais ou os Veráns Deportivos, así como a organización de actividades de promoción do deporte como a Carreira Popular Mar de Boiro, a Festa da Bici ou a colaboración con clubs deportivos para desenvolvemento de torneos ou probas.