O Concello de Boiro recibe da Axencia Instituto Enerxético de Galicia unha subvención por importe de 114.757,59 euros a través do Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Mediante esta subvención o Concello de Boiro vai levar a cabo a instalación dunha bomba de calor aerotérmica na Casa Consistorial, unha actuación que ascende aos 154.138,44 euros.

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 105.775,71 euros para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia
Suma Talento: Rural Activo.
Mediante esta subvención vanse contratar un técnico forestal e cinco peóns para levar a cabo tarefas de prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os in cendios forestais de Galicia.
