Seguridade Festas do Verán 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra as Festas do Verán 2023 entre o 30 de xuño e o 5 de xullo. Co obxectivo de coordinar a seguridade e organización durante os festexos celebrouse unha xunta de seguridade onde se estableceron os medios e dispositivos especiais con motivo das celebracións.

En canto aos cortes de rúa, para a instalación das atraccións das festas estará cortada para o montaxe, desmontaxe e desenvolvemento dos festexos unha das marxes da Avenida da Constitución no tramo comprendido entre o cruce da Avenida da Avellaneda (rotonda da piscina municipal) e o cruce coa DP-1106 (rotonda de Abanqueiro).

O carril de baixada cortarase todos os días das festas, como norma xeral ás 20.00 horas, podendo producirse os cortes de rúa antes debido á gran afluencia de xente, estando permitido o acceso aos garaxes. O mesmo acontece coa rúa Robustiano Pérez del Rio, que quedará cortada a partir das 20.00h agás para acceso a garaxes, aparcamento municipal e taxis e a Av. de Barraña, onde se desviará o trafico que provén de Cabo de Cruz pola rúa María Mariño a partir das 20.00 horas.

En canto ao tráfico pesado que vén de Cabo de Cruz, non terá permitido o paso polo núcleo urbano polo que tamén se desviará pola rúa María Mariño e Avenida da Avellaneda. A rúa Vimieiro terá un cambio de sentido para o acceso aos garaxes dos edificios da zona e o domingo, con motivo do espectáculo pirotécnico na Av. de Barraña, non se poderá estacionar no tramo da Av. da Avellaneda comprendido entre a Av. Empresario Jesús Alonso e a praia de Barraña.

A parada de autobús situada na Cachada trasládase durante a celebración dos festexos á Avenida da Avellaneda.

O Concello de Boiro reforza o dispositivo de seguridade e emerxencias durante as festas do verán para minimizar as incidencias. A Policía Local contará con servizo 24 horas durante os festexos, contarase coa colaboración da Guardia Civil, o Servizo de Protección Civil e Emerxencias, ambulancia e bombeiros.

|