Proceso selectivo: oficial Policía Local (promoción interna)
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade de dúas prazas de oficial de policía local (funcionario de carreira) por promoción interna.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición.
O BOP núm. 4 do 8 de xaneiro de 2025 publica as bases da convocatoria
O DOG núm. 10 do 16 de xaneiro de 2025 publica o anuncio da convocatoria.
O BOE núm. 19 do 22 de xaneiro de 2025 publica a convocatoria do proceso selectivo
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (26/02/2025), que se pode consultar AQUI.
O prazo de enmenda é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publiación.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes deberanse presentar mediante o rexistro xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de VINTE DÍA HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Requisitos das persoas aspirantes
- Ter a nacionalidade española
- Ter feitos os dezaoito anos e non exceder a idade de xubilación forzosa
- Estar en posesión da titulación de bacharel ou técnico
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións
- Non ter sido despedido mediante expediente discipolinario do servizo de ningunha administración pública
- Carecer de antecedentes penais por delito doloso
- Ser funcionario/a de carreira e ter en propiedade unha praza da categoría de policía local no Concello de Boiro.
- Estar en servizo activo na categoría de policía local no corpo de policía local do Concello de Boiro.
- Ter unha antigüedade mínima de tres anos continuados na categoría de policía