Proceso selectivo: Persoal docente e directivo Obradoiro de Emprego medioambiental 2024/2025
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a selección do persoal docente e directivo para o Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns IV - Boiro que se vai levar a cabo no curso 2024-2025.
O BOP núm. 212 do 4 de novembro de 2024 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI
Mestre/a de repoboacións forestais
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluidas no proceso de MESTRE DE FORESTAL (20/11/2024), que se poden consultar aqui
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de MESTRE DE FORESTAL (26/11/2024), que se poden consultar aqui
Publicadas as puntuacións do proceso selectivo de MESTRE DE FORESTAL (26/11/2024), que se poden consultar aqui
Publicadas as puntuacións finais e proposta de contratación de MESTRE DE FORESTAL (30/11/2024), que se poden consultar aqui.
Mestre/a de carpintería
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluidas no proceso de MESTRE DE CARPINTERÍA (20/11/2024), que se poden consultar aqui
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de MESTRE DE CARPINTERÍA (26/11/2024), que se poden consultar aqui
Publicadas as puntuacións do proceso selectivo de MESTRE DECARPINTERÍA (26/11/2024), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións finais e proposta de contratación de MESTRE DE CARPINTERÍA (30/11/2024), que se poden consultar aqui.
Técnico/a forestal
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluidas no proceso de TÉCNICO FORESTAL (20/11/2024), que se poden consultar aqui
Publicadas as puntuacións do proceso selectivo de TÉCNICO FORESTAL (26/11/2024), que se poden consultar aqui.
Publicadas as puntuacións finais e proposta de contratación de TECNICO FORESTAL (30/11/2024), que se poden consultar aqui.
Requisitos xerais
- Ter a nacionalidade española.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo.
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública.
- Non incorrer en causa de incompatibilidade ou incapacidade.
Requisitos específicos
- Mestres/as do obradoiro
Idade: Ter 16 ou mais anos de idade.
Requisitos lingüísticos : Posuír un titulo acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior. A
Permiso de conducir B.
Titulación:
• Estar en posesión de titulo de grado universitario, licenciado ou licenciada, Enxeñeiro ou Enxeñeira e Arquitecto ou Arquitecta, ou titulación equivalente ou, no seu caso, a titulación de Formación Profesional que, a efectos de docencia, se determine, de acordo coa normativa que regulan os certificados de profesionalidade relativos ao proceso selectivo que se presente:
• Pertencer ás especialidades docentes habilitadas para impartir formación profesional no sistema educativo.
• Ter a experiencia profesional de, ao menos, o que se indique en cada certificado
- Técnico/a forestal
Idade: ter 16 ou mais anos de idade
Titulación: Ciclo formativo grado medio en aproveitamento e conservación do medio natural.
Requisitos lingüísticos: Posuír un titulo acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior.
Outros requisitos : Permiso de conducir B
Prazo e presentación de solicitudes
As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar as súas instancias (dispoñibles nesta páxina) no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, acompañadas da documentación acreditativa de cumprir cos requisitos para o posto.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases.