Proceso selectivo: técnico/a de contratación (funcionario/a de carreira)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de contratación (funcionario/a de carreira) correspondente á subescala técnica superior. 

O sistema de acceso serña mediante concurso-oposición. 

O BOP núm. 235 do 12 de decembro de 2023 publica as bases da convocatoria (dispoñibles AQUI

O BOE núm. 303 do 20 de decembro de 2023 publica a convocatoria do proceso. 

O BOP núm. 18 do 24 de xaneiro de 2024 publica a rectificación no erro das bases. 

O BOP núm. 29 do 8 de febreiro de 2024 publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas. 

O BOP núm. 46 do 5 de marzo de 2024 publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. 

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio (03/04/2024), que se poden consultar aqui

Publicada a resolución de alegacións e convocatoria do segundo exame (16/04/2024), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais do segundo exercicio (10/05/2024), que se poden consultar aqui

Publicada a resolución de alegacións e valoración de méritos (24/05/2024), que se poden consultar aqui

Prazo de presentación de alegacións de CINCO DÍAS HÁBILES. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes é de VINTE DÍAS HÁBILES contados a partir da publicación da convocatoria no BOE. 

As solicitudes para formar parte deste proceso deberán presentarse seguindo o ANEXO I dispoñible nesta páxina mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

As persoas candidatas deberán reunir os seguintes requisitos: 

- Posuír o título universitario oficial de grao ou os seus equivalentes. 

- Posuír a nacionalidade española. 

- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplonario do servizo de ningunha administración pública. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. 

 

|