Proceso selectivo: socorristas acuáticos 2023
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de quince socorristas acuáticos en medios naturais.
Bases da convocatoria dispoñibles AQUI.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (19/06/2023), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitva de persoas admitidas e excluídas (21/06/2023), que se pode consultar aqui.
Publicadas as puntuacións das probas e proposta de contratación (23/06/2023), que se pode consultar aqui.
Prazo de presentación de solicitudes
Inscrición na oficina de emprego (SEPE) ata o 5 de xuño.
Requisitos das persoas candidatas
- Pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e o Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
- Os estranxeiros que non pertenzan a algún dos Estados asinantes deberán ter permiso de traballo cunha duración mínima de 12 meses.
- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non estar afectado por causas de incompatibilidade.
- Non ter sido suspendido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública nin atoparse en inhabilitación absoluta.
- Estar en posesión de, como mínimo, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ser desempregago inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.