Proceso selectivo: peóns de servizos varios
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe de contratación para a cobertura temporal de peóns de servizos varios.
O sistema de acceso é de oposición.
Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal necesario en cada caso concreto.
Anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 118 do venres 25 de xuño de 2021.
Relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, publicada o 05/07/2021, que pode consultarse aqui.
Relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as, publicada o 08/07/2021, que pode consultarse aqui.
Resultados provisionais do primeiro exame, publicados o 13/07/2021, que poden consultarse aqui.
Resultados definitivos do proceso selectivo, publicados o 15/07/2021, que poden consultarse aqui.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (25/06/2021).
As solicitudes deben presentarse no rexistro xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica dispoñible na web municipal.
A documentación a presentar é a seguinte:
- Instancia de solicitude (ANEXO)
- DNI
- Titulación
- Copia do certificado que acredite, como mínimo, CELGA 1 ou equivalente.
Requisitos das persoas aspirantes
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Posuír as capacidades físicas e psíquicas.
- Estar en posesión de, como mínimo, 2º da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) ou equivalente.
- Non estar afectado/a por motivos de incompatibilidades.