Proceso selectivo: 3 prazas de Policía Local
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a provisión en propiedade de tres prazas de policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019.
Publicación no Boletín Oficial do Estado
Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui.
Publicada a relación provisional 2ª de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui.
Publicados os resultados do primeiro exercicio, que poden consultarse aqui.
Publicados os resultados definitivos do primeiro exercicio, que poden consultarse aqui.
Publicada a rectificación dos resultados do primeiro exercicio, que poden consultarse aqui.
Publicados os resultados provisionais das probas físicas, que poden consultarse aqui.
Publicadas as ratificacións das probas físicas, que poden consultarse aqui.
Publicados os resultados das probas psicotécnicas (27/10/2021), que poden consultarse aqui.
Publicada a convocatoria para o 5º exercicio da oposición (08/11/2021), que pode consultarse aqui.
Publicada a acta da comparecencia das probas médicas (16/11/2021), que pode consultarse aqui.
Publicados os resultados das probas médicas (19/11/2021), que poden consultarse aqui.
Publicada a ratificación dos resultados das probas médicas (1/12/2021), que pode consultarse aqui.
Publicada a proposta de nomeamentos (1/12/2021), que pode consultarse aqui.
Lugar e prazo para a presentación de solicitudes
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PECHADO
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, dende o 14/12/2020 ata o 13/01/2020.
As persoas aspirantes deberán presentar as súas instancias seguindo o modelo que se engade como ANEXO I, na sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas).
Requisitos das persoas aspirantes
- Posuír a nacionalidade española
- Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1c) do Real Decreto lexislativo 5/2015
- Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres
- Estar en posesión do titulo de bacharel técnico
- Ser titular dos permisos de conducir A2 e B na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes
- Non ter sido condenado/a por delito doloros nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatuarios das comunidades autónomas
- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo
- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da Policía Local
Documentación a presentar
- ANEXO I cumprimentado
- DNI
- Declaración responsable de estar en posesión da titulación esixida na presente convocatoria
- Permisos de condución B e A2
- Declaración responsable comprometendose a manter vixentes os permisos do punto anterior mentres se permaneza en situación de servizo activo, como funcuionario/a de carreira no Corpo da Policia Local
- Declaración responsable do compromiso de portar armas e, de ser o caso, de chegar a utilizalas
- Certificado de estudos de lingua galega (Celga 4 ou equivalente), a efectos da exención da realizacion da proba de coñecemento da lingua galega.