Concurso de disfraces e carrozas Entroido 2026 | Concello de Boiro
Concello de Boiro celebra o vindeiro sábado 21 de febreiro o tradicional concurso de disfraces e carrozas do Entroido, no que se van repartir 4.600 euros en premios.
Poderán participar neste concurso todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen.
Debido á previsión meteorolóxica para o martes 17, o concurso trasládase ao sábado 21 de febreiro de 2026 ás 18.00 horas na Praza de Galicia, percorrendo as rúas de Boiro para rematar no mesmo lugar.
O BOP núm. 26 do luns 9 de febreiro de 2026 publica as bases do concurso, que se poden descargar AQUI.
Modalidades
- Individual/ parella: participantes a partir dos 13 anos, farán constar o nome do disfrace e a persoa/s que se presenta.
- Grupos: aqueles que estean formados polo menos por tres participantes maiores de 13 anos cunha temática común.
- Carroza: aparello móbil conformado por unha plataforma ou varias debidamente adornadas e acorde coa temática do grupo. A carroza etará formadas como mínimo por catro persoas.
Premios
| INDIVIDUAIS | GRUPOS | CARROZAS |
| 1º 300 euros | 1º 600 euros | 1º 1200 euros |
| 2º 200 euros | 2º 300 euros | 2º 800 euros |
| 3º 150 euros | 3º 250 euros | 3º 500 euros |
| 4º 100 euros | 4º 200 euros |
O anexo II de solicitude de premio está dispoñible nesta páxina.
Premiados 2026
Individuais
- Embaixador
- Migromantes
- Bella e bestia
- Cisnes
Grupos
- Aquelarre
- O máis churro
- Quetzalcualt
- Polis e cacos
Carrozas
- Dulce Fantasía
- Guardianes del dragón
- As galaicas da ría
Inscricións
Vía Rexistro ou Sede Electrónica do Concello de Boiro.
Presencial ou vía telefónica no Centro Social de Escarabote ou no teléfono 981 84 99 50, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas.
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
*as persoas que non se inscribiran dese xeito poden facelo no mesmo día dende as 16.30h ata as 17.30h na Praza de Galicia.
O impreso de inscrición (ANEXO I) e impreso de declaración (ANEXO III) pode descargarse nesta páxina.
