Pleno ordinario do 29 de febreiro de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro de 2024. A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro, dispoñible AQUI

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación provisional do ditame sobre a modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 “Parque empresarial de Espiñeira”.
  2. Aprobación definitiva do ditame do estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira S.A.U., redactado por D. Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes da parcela sur do PSIS de Bodión.
  3. Aprobación do ditame sobre a bonificación do 95% da cota do imposto sobre construcións, instalacións e obra a favor da Fundación AMICOS para construción dunha edificación para a actividade de taller prelaboral e de inserción laboral de astillado e traballos con madeira, no lugar de Bermo.
  4. Aprobación inicial do ditame da modificación núm. 1/2024 das bases de execución orzamentaria.
  5. Aprobación do ditame polo que se desestima a solicitude presentada por ESTRELLA DEL MAR SLU para a prórroga da concesión de dominio público outorgada polo Concello de Boiro con data 11/03/1993 para a explotación dun servizo de bar-restaurante en Praia Xardín.
  6. Aprobación do ditame sobre a compatibilización de empregado público para o exercicio de actividades privadas.
  7. Aprobación do ditame de modificación puntual nº1 da realización de postos de traballo.
  8. Moción do grupo municipal do Partido Popular de apoio aos agricultores e gandeiros de España.
  9. Moción do grupo municipal do Partido Popular en relación coa atención primaria.
|