Punto limpo municipal | Concello de Boiro

01 30 punto limpo

O Concello de Boiro desenvolve un proxecto para a mellora da información no punto limpo de Espiñeira co obxectivo de facelo máis accesible e favorecer a correcta separación de residuos. As actuacións están financiadas pola Unión Europea-NextGenerationUE. 

As actuacións que se están a levar a cabo teñen como finalidade mellorar o punto limpo de Espiñeira realizando dúas accións. Unha delas, a primeira que xa se levou a cabo, foi mellorar a información existente sobre o funcionamento do punto limpo xunto coa renovación das placas identificativas en cada un dos contedores para favorecer a prevención, recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos de residuos.

Ademais neste ano 2024 vaise ampliar a capacidade da fracción “recollida de podas” debido ao gran incremento que se está a producir nos últimos meses tras a aplicación da normativa de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

As actuacións están cofinanciadas mediante o fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que convoca axudas a entidades locais en materia de residuos de competencia municipal.

 

Horario do punto limpo municipal 

Martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas

Pechado os luns, domingos e festivos. 

 

Recollida voluminosos porta a porta 

Solicitude previa no  981 83 89 08 ou o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

recollida voluminosos

 

|