Subvencións en especie para o comercio boirense - Programa para a modernización do centro comercial aberto de Boiro
O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas (subvencións en especie) para o comercio boirense ao abeiro do programa de modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro financiadas con fondos Next Generation UE.
O BOP núm. 176 do 15 de setembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui.
Publicada a resolución definitiva da concesión das axudas, que se poden consultar aqui.
Obrigas de publicidade
Os establecementos e persoas xurídicas adheridas e beneficiarias do programa deberán ter nun lugar visible no interior do establecemento, nos escaparates (no caso de dispoñer dos mesmos), páxinas web, publicacións en redes sociais e calquera outro medio online ou offline, un cartaz que contén os logotipos das entidades que financian o programa.
O cartaz está dispoñible para a súa descarga AQUI.
Beneficiarios
- Establecementos comerciais de Boiro. Deberá acreditarse que o establecemento comercial ten tenda física en Boiro ou no caso de ter soamente venta online o domicilio fiscal en Boiro.
-
Os comercios beneficiarios deben acreditar contar con algún dos seguintes epígrafes do IAE:
-
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
-
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
-
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos.
-
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).
-
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e útiles ordinarios de uso doméstico.
-
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
-
659. Outro comercio polo miúdo.
-
665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
-
-
Establecementos, postos ou mesas da Praza de Abastos-Mercado Municipal do Concello de Boiro. Deberá acreditarse que o establecemento está situado no devandito emprazamento.
-
Establecementos de hostalería. Deberá acreditarse que o establecemento posúe localización física en Boiro.
-
Aloxamentos hoteleiros, pensións, campings e outros aloxamentos de semellante natureza que posúan localización física en Boiro.
O Concello de Boiro, previa solicitude motivada do interesado, pode aceptar a inscrición de comercios de outros epígrafes non incluídos neste listado.
Non poderán participar:
-
As empresas, establecementos comerciais, hostalería ou hoteleiros, outros de análoga natureza que non teñan o seu domicilio fiscal e localización física en Boiro.
-
As empresas-cadeas de gran distribución destinadas á alimentación (hipermercados).
-
As salas de xogo e apostas.
-
Todas aquelas empresas, establecementos, persoas xurídicas que posúan débeas con calquera administración.
Tipo de axudas
Liña 1. Servizo posicionamento SEO gratuíto para aqueles beneficiarios que dispoñan de paxina web propia e oficial.
Liña 2. Servizo de entrega de bolsas reciclables: servizo de entrega gratuíto de bolsas reciclables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben. As bolsas estarán serigrafiadas cos logotipos das entidades financiadoras e o eslogan “Boiro teno todo!”.
Liña 3. Servizo de entrega de envases compostables para a entrega de alimentos a clientes: entrega gratuíto de envases compostables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben de alimentación.
Liña 4. Servizo de entrega de outros elementos reciclables: servizo de entrega gratuíto de outros envases e elementos reciclables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben ou entrega do servizo e envases “take away”.
Liña 5. Servizo bono-transporte: servizo de desconto de gastos derivados de transporte de pedidos. Destinado a sector comercial.
Liña 6. Xornadas de formación en marketing dixital: servizo de formación gratuíto en marketing dixital. Destinado principalmente (prioridade na adxudicación) a sector comercial.
Liña 7. Outros servizos de uso de equipamentos: utilización taquilla automatizada de pedidos; utilización da biorrecicladora-maquina reciclable.