Andaina solidaria "Boiro, en marcha contra o cancro" | 23 de outubro

O Concello de Boiro colabora coa andaina solidaria "Boiro, en marcha contra o cancro" que terá lugar o vindeiro 23 de outubro. 

A andaina constará dun percorrido duns 5 quilómetros, moi sinxelo para que calquera persoa poida participar, e que sairá ás 11.00 horas da Praza de Galicia, pasará polo núcleo da Boliña e o paseo do río Breiro ata o Paseo Marítimo, percorrerá o paseo do Estuario do Río Coroño e regresará á praza de Galicia.

Inscricións abertas

- Oficina de Turismo de Boiro

- Farmacia Ortopedia Ana Torrente

- Galería Sargadelos

- Modas Naty

- mesas da Asociación Española Contra o Cancro (martes e sábados na rúa peonil)

- online

|