Clausura do Obradoiro de Emprego

Boiro Emprega - Escola Obradoiro Xardíns de Boiro II

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña Ovidio Rodeiro entregou xunto co Alcalde os diplomas aos alumnos na clausura do obradoiro “Boiro Emprega- Escola Obradoiro Xardíns de Boiro II”. Programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello de Boiro. O alumnado estivo formado por 15 alumnos/as traballadores/as inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil contratados durante 6 meses, contrato para a formación e aprendizaxe na modalidade de: ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDIÑERÍA.

|