Campionato de España de Dúatlon

Modalidade: Por equipos e relevos. O 11 e 12 de marzo.

Esta fin de semana Boiro converterase no epicentro do duatlón estatal coa celebración do Campionato de España de Duatlón contra o reloxo por equipos e de dúatlon por relevos con máis de 2.000 inscritos nas dúas probas. Estes torneos serán ademais, a primeira e segunda xornada da Liga Nacional de Clubs 2017. Patrocinada polo Concello de Boiro, a proba é organizada pola Federación Española de Triatlón, dirixida polo organizador Lodeco e conta coa colaboración da Federación Galega de Triatlón. Será o segundo ano consecutivo no que Boiro acollerá unha proba nacional, xa que no 2016 disputouse o Campionato de España de Dúatlon por clubs

|