Xantar de Confraternidade das Persoas Maiores 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 7 de marzo o Xantar de Confraternidade das Persoas Maiores, unha cita anual para maiores de 65 anos ou persoas que acrediten a condición de xubilación e que este ano terá temática de entroido.
O xantar está previsto para 500 comensais no pavillón de Barraña e contará con música e baile.
O prazo para inscribirse, tanto para empadroados como non empadroados, comeza o 24 de febreiro e o prezo da comida será de 25 euros. Poderase efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e tamén se poderá facer a reserva previa de mesa.
Para inscribirse é preciso o DNI de todos os solicitantes.
Prazo de inscrición
Do luns 24 ao venres 28 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas no 2º andar do Concello de Boiro.