Concesión das axudas do PEL Reactiva do Concello de Boiro

Un total de 170 empresas recibirán as axudas do PEL Reactiva do Concello de Boiro

Boiro, 25 de xaneiro de 2021

O Concello de Boiro publica a resolución provisional das axudas do PEL Reactiva para autónomos e empresas que convoca gracias ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña para axudar a combater a crise económica e social provocada pola Covid-19. Un total de 170 empresarios e autónomos serán beneficiarios destas axudas, que ascenden a un total de 334.000,00 euros.

As axudas están destinadas a empresarios/as, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas, sexa cal sexa a súa forma xurídica, e están encadradas en tres grupos. O grupo 1, para micromepresas e autónomos que se visen afectados polo peche do estado de alarma, no que en Boiro hai 151 beneficiarios e se concede un importe total de 297.500 euros. O grupo 2, para aquelas que non se visen afectadas polo peche pero que a súa facturación no segundo trimestre se vise reducida un 75%, no que hai 14 concesións dun importe total de 24.000 euros. O grupo 3, para aquelas que se visen na obriga de acollerse a un ERTE, no que hai 5 beneficiarios cun importe total de 12.500 euros.  

Os autónomos e empresas beneficiadas poden, con este importe, comprar material antiséptico, produtos hixiénicos e de limpeza; sufragar gastos de arrendamento e canon, como maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación e conservación ou adaptación de locais ás medidas de protección fronte á Covid-19; primas de seguros ou subministracións.

As solicitudes presentadas foron puntuadas segundo os criterios establecidos nas bases, iguais para todos os Concellos da provincia, e que teñen en conta o tipo de empresa, a súa forma xurídica, o número de mulleres, persoas discapacitadas ou menores de 30 anos contratados; ou o uso da lingua galega. A listaxe provisional de concesións das axudas está publicada na web municipal e o prazo de presentación de alegacións será de 10 día hábiles a contar dende o seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Publicación no BOP Núm. 18 do 28 de xaneiro de 2021

Descarga a adxudicación provisional de axudas aqui

 

|