Dispositivo especial de seguridade. Festas do Verán 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro ten preparado, con motivo das Festas do Verán 2026 que se celebran do 3 ao 8 de xullo, un dispositivo especial de seguridade que contempla o aumento de efectivos na rúa, un posto de mando avanzado e a regulación do tráfico para evitar retencións.

Para o aumento da seguridade cidadá o Concello de Boiro contará este ano por primeira vez cun Posto de Mando Avanzado, un sistema de viodeovixilancia que permite controlar, en tempo real, os distintos puntos neurálxicos da festa. Ademais contase, como cada ano, co reforzo das patrullas da Policía Local.

Cortes de tráfico

            Debido á montaxe e instalación das distintas infraestruturas para o desenvolvemento dos festexos, durante as festas produciranse diversos cortes de rúa. A Avenida da Constitución atopase xa cortada ao tráfico nun dos carriles para a montaxe das atraccións da festa; o carril de baixada cortarase todas as noites pero queda libre para o tránsito durante o día.

Debido á tirada de fogos de artificio prevista para a medianoite do domingo, non se poderá estacionar nin circular na Avenida da Avellaneda dende a Manuel María ata a Traballadoras do Mar a partir das 15.00 horas do domingo.

O mércores día 8, último día da festa estará cortada ao tráfico a rúa Principal para a verbena da Praza de Galicia, polo que os desvíos para a saída de Boiro se deben facer por Ponte Goiáns ou Espiñeira e os accesos a aparcamento pola rúa Francisco del Rio Romero. Tamén estará cortado ao tráfico a rúa Salvador Allende para o concerto da Praza da Mancomunidade.

En todo momento estarán garantidos os accesos a garaxes e vivendas e o paso de vehículos de emerxencias.

Aparcamentos habilitados

            En canto aos espazos de aparcamento habilitados con motivo das Festas do Verán o Concello de Boiro manterá aberto o aparcamento da Praza de Galicia as 24h, agás o mércores día 8 que non se poderá acceder- Tamén estará aberto as 24h o aparamento da praza de A Boqueira de A Negral.

            A maiores o Concello de Boiro habilitou un novo espazo de aparcamento na zona de Espadañal e espazos de aparcamento na Av. da Constitución na zona da Boliña con acceso pola estrada de Abanqueiro e Av. da Constitución. O aparcamento da Mancomunidade estará dispoñible para o seu uso todos os días agás o mércores día 8.

Licitación Licitación das autorizacións para instalación de atraccións feirais e postos nas festas do verán 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro Saca a licitación o outorgamento das autorizacións de uso do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais e postos no Concello de Boiro con motivo da celebración das festas de verán 2025, nas condicións e cos requisitos que se recollen no prego de condicións que regula esta licitación.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Boiro

2. Obxecto: autorizacións para a ocupación do dominio público municipal para a instalación de atraccións de tipo mecánico e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda co gallo das celebración das festas de verán 2026.

3. Criterios de adxudicación: oferta económica mediante poxa en sobre pechado.

4. Tipo de licitación: o que figura no prego de condicións para cada posto.

5. Garantía: non se esixe.

6. Obtención documentación: na sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/) e na Casa do Concello situada en Praza de Galicia s/n. Boiro Teléfono 981 844800/981 849960.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo: Entre os días 20 de xuño e 26 de xuño de 2026, ambos incluídos.

b) Documentación a presentar: A sinalada no prego de condicións.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Boiro sito en Praza de Galicia s/n. Boiro ou por medio do servizo de correos (debido a que debe presentarse un sobre pechado coa oferta económica non é posible presentar ofertas por vía telemática nin a través de rexistros doutras administracións).

d) Horario do Rexistro Xeral: de 9:00 a 13:30 horas de Luns a venres.

8. Apertura de sobres de ofertas: luns 29 de xuño ás 10.30 horas no Concello de Boiro

 

 

Cursos Aula CeMIT xuño 2026 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de xuño de 2026.

Programa formativo 

  • Retoque de fotos con Gimp - do 1 ao 4 de xuño de 10.00 a 12.30 horas
  • Edición e montaxe de vídeo - do 9 ao 11 de xuño de 10.00 a 12.00 horas

Información e inscricións 

Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 35

629 769 139 

Solicitude para as cacharelas de San Xoan 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de presentación de solicitude e comunicación das cacharelas en terreos públicos e privados que se realicen na noite de San Xoán 2026.

As autorizacións unicamente permitirán as cacharelas a partir as 18.00 horas do día 23 de xuño, debendo quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do 24 de xuño.

So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 19/06/2025. As solicitudes deberanse realizar mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica.

No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben: 

1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades. 

2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web. 

 

No caso das cacharelas que se realicen en terreos privados, as persoas interesadas deben: 

1. Entregar cumplimentado o escrito correspondente. 

 

Consulta o bando informativo AQUI

 

Campamento Concilia de Verán 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza unha nova edición do Campamento Concilia de Verán 2026, que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 28 de agosto. 

O prazo de preinscrición estará aberto entre o 5 e o 19 de maio

As bases do Campamento Concilia de Verán 2026 están dispoñibles AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (27/05/2026), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excuídas (10/06/2026), que se pode consultar aqui

O periodo de pago será do 11 ao 19 de xuño, para o que se habilitará un espazo na Casa Consistorial de 9.30 a 12.30 horas

 

 

Lugar de realización, calendario e horario

As actividades desenvolveranse no CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz e CEIP Cespón (a escoller un). 

Os programas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 28 de agosto, agás sábados, domingos e festivos. 

O horario será de 8.00 a 14.00 horas; ou de 10.00 a 14.00 horas (a escoller un). 

 

Inscrición e pago das taxas

O prazo de inscrición estará aberto entre o 5 e o 19 de maio. 

As inscricións deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica. Formularios dispoñibles para a súa descarga nesta páxina. 

O pago das taxas de inscrición deberá efectuarse a partir da publicación do listado definitivo de admitidos. 

|